Dende
fai algúns anos, internet converteuse nun elemento fundamental das nosas vidas.
Empregamos esta ferramenta sobre todo para comunicarnos ou a procura rápida de
información; cada vez máis, xoga un papel central nos ámbitos persoal e
laboral, sendo tal a importancia da rede para o desenvolvemento actual que se
chegou a acuñar o termo “sociedade da información”.
Un dos teóricos máis importantes neste ámbito é Manuel Castells, quen o define como unha forma específica de organización social na que a xeración, o procesamento e a transmisión de información se converten nas fontes fundamentais da produtividade e o poder, sendo as novas condicións tecnolóxicas que xorden neste período histórico elementos de decisión en tódalas formas de desenvolvemento

Para
Castells, o que caracteriza a revolución tecnolóxica actual non é o carácter
central do coñecemento e a información, senón a súa aplicación a aparatos de
xeración de coñecemento e procesamento da información-comunicación. As novas
tecnoloxías da información non son só ferramentas a aplicar, senón procesos que
desenvolver.
Non
obstante, en Galicia non sempre é posible disfrutar dunha boa conexión a
internet, sobre todo se nos referimos ao ámbito rural. É certo que nos últimos
anos se fixo fincapé na extensión da rede a todo o territorio, mais semella que
eses esforzos non foron suficientes. Polo tanto, se queremos que a nosa
sociedade se desenvolva no camiño correcto deberemos tratar de facer accesibles
as novas tecnoloxías a tódalas persoas, independentemente do seu lugar de
residencia. Isto debe ser así posto que é a rede a que acurta distancias e
achega intereses entre os individuos que conforman esa “sociedade da información”
da que tanto se fala, mais que non constitúe, aínda, unha realidade universal.
![]() |
No hay comentarios:
Publicar un comentario