jueves, 3 de mayo de 2012

A xestión dos residuos no rural

   Despois de ver na entrevista feita a Eloi Villada no marco da xestión de residuos agrogandeiros, nesta entrada trataremos de achegarnos un pouco máis a esta "materia prima" que a priori semella non poder destinarse a ningunha utilidade. Eloi falábanos do biogás, o que nos leva a preguntarnos se iso é realmente posible no rural; nunha comarca coma a Terra Chá, na que a produción agrogandeira é moi importante e cada vez máis intensificada, carécese de novas iniciativas que ofrezan unha saída a este problema. Aínda así, estánse a observar experiencias innovadoras que teñen moito futuro, como o proxecto de construción dunha planta de biogás no concello de Pol (Lugo), onde, a partir de residuos agrogandeiros procedentes de explotacións intensivas se tratará de producir enerxía. Nisto podemos enmarcar unha posible prohibición por parte da Unión Europea de que no rural os residuos sigan a recibir o tratamento que se segue ata o de agora, polo que é moi probable que os xurros deban someterse a tratamentos específicos para facelos menos contaminantes.

   Como vedes, a acumulación de residuos xa non só está centrada nas cidades, senón que, debido á intensificación da produción gandeira este problema tamén está a aparecer no rural. Credes que iniciativas coma a de Agroamb ou a desta planta de biogás son o futuro dos residuos rurais, ou, pola contra, opinas que os residuos agro-gandeiros seguirán sen recibir ningún tratamento? Cres que nas comarcas máis rurais de Galicia é posible concienciar da necesidade de non contaminar como se está facendo ata agora?

3 comentarios:

  1. O tema da concienciación co problema dos residuos é un proceso lento. Moitas veces non se é consciente do enorme impacto que ditos residuos poden ter, polo que as iniciativas para darlles saída e tratalos axeitadamente non espertan moito interese na poboación. Pero aínda así, opino que é o camiño que hai que seguir, xa que é moi ineficiente que todos eses residuos póidanse empregar para producir enerxía e isto non se aproveite. Haberá que ver como funciona esa futura planta da que falas, e se finalmente os seus resultados son positivos para a comarca, en termos de impacto ambiental e económico. Polo menos é un comezo.

    ResponderEliminar
  2. Considero que el contexto actual favorece al desemvolvimiento rural, siendo por ello necesario proteger y mitigar los impactos negativos del desarrollo de actividades en los espacios rurales. Las plantas de biogás tendrían una perspectiva de cara al futuro. Iniciativa que se puede ahondar en investigar y que luego podrías exportar dichos conocimientos y estrategias para implementar con proyectos públicos en economías emergentes (caso Perú) donde el desarrollo de la actividad agrícola es intensivo y con un permanente deterioro del medio ambiente.

    ResponderEliminar
  3. Por suposto que é importante e tamén exportable, pero en Galicia, unha rexión que tradicionalmente os residuos agrogandeiros foron absorvidos plenamente pola terra, aínda queda un longo camiño por percorrer. Non obstante, é necesario e imprescindible comezar tamén coa reciclaxe deses residuos para minorar o impacto ambiental da agricultura convencional. Por outra banda, o fomento da agricultura ecolóxica tamén é un paso moi importante.

    ResponderEliminar