Seguindo co fío da xestión de residuos, tanto urbanos como agro-gandeiros, entrevistamos a Xosé María Eloi Villada Legaspi, quen nos dá a súa opinión acerca do futuro da transformación dos residuos sólidos.

Entrevista:
P. Existe en Galicia un
problema sério cos residuos agro-gandeiros?.
R. Poderiase dicir que o problema ainda non é
grave se o comparamos co que ocurre noutras comunidades españolas, pero ten
tendencia a aumentar, alomenos a nivel local, naquelas áreas nas que se están a
dar procesos de intensificación tanto agrícola e gandeira. Pódese pór como exemplo
o espectacular incremento da produción de millo nas bisbarras leiteiras das
provincias de Lugo e A Coruña, o cal implica un uso moito maior de herbicidas e
praguicidas. Os
residuos dos praguicidas, teoricamente, degrádanse e metabolizanse en produtos
inertes e non perigosos, pero iso non é certo de todo e, ademais, cómpre ter en
conta que “todo vai parar a algunha parte”. Un feito que demostra esta
afirmación é o feito de que cada certo tempo estanse a prohibir praguicidas con
principios activos, usados durante décadas e que se demostra que son
inaceptables para o medio natural, pola sua perigosidade. Estudos cientificos realizados na finca Veiga da Proba de Brollón, demostran
que é posible producir millo sen herbicidas en Galicia. Tamén as granxas
ecolóxicas de leite, que cultivan millo, para incrementar a cantidade de
almidón na alimentación das súas vacas, fano ser recurrir a praguicidas. Está bastante
claro que é posible producir alomenos unha parte dos alimentos sen agredir ao
medio ambiente, á vez que se xeran menos residuos sólidos.
P. A produción
animal de carne e leite está a crear problemas de acumulación de estercos e
xurros que suponen unha ameaza para o medio ambiente, ou non?

P. Que se sabe sobre a
produción de biogás? É unha alternativa?
R. O biogás estivo de moda nos anos 70, especialmente en China, pero
na actualidade estase a reconsiderar o seu potencial e de feito as grandes
explotacións están investindo ou alomenos estudiando as súas posibilidades de
cara ao futuro. Eu creo que nas granxas leite cun elevado número de cabezas, as
plantas de biogás poden ser viables, ainda que precisarían incorporar outros
produtos, como residuos de industrias agro-alimentares, ou millo etc.
Tratariase de queimar metano, pero o residuo continuaría presente, ainda que
libre de patóxenos, malos olores, etc. Tamén tería que incorporarse ao solo
coma un adubo orgánico. O que considero pouco viable é instalalos para granxas
pequenas que precisen empregar o transporte do xurro en cisternas ata a planta
de biogás. Outro problema sería o produto que se envia á rede. Electricidade ou
gas, para isto último que sería o mais conveniente é preciso un gasoducto
cercano.
P. Que opinión che merece a
utilización na agricultura dos lodos de depuradora?
R.Decía o meu admirado André
Voisin, un veterinario francés especialista en pradeiras, que “a fertilidade de
Sicilia se tirara polas alcantarillas de Roma”. Hoxe a fertilidade de
Arxentina, Uruguay, Brasil, USA, Europa..etc estase a tirar mais ca nunca polas
alcantarillas de todo o mundo e no futuro verterase a fertilidade da fráxil África e do resto do mundo tropical. Por tanto parece que a humanidade ten un
serio problema cos residuos urbanos. Hai que depuralos e é imposible
almacenalos, neles hai fertilizantes valiosos, enfrontámonos a unha urxente escaseza
de fósforo; os fosfatos naturais están prácticamente esgotados a nivel mundial
(só quedan en Marrocos) e son imprescindibles para o futuro da agricultura.
Por tanto creo que os residuos urbanos non quedará outra alternativa que usalos. O problema é que conteñen unha
grande cantidade de contaminantes, como son os metais pesados e produtos
químicos perigosos. É preciso controlalo, e serao ainda mais no futuro establecer medidas moi estritas de aplicación.
Coido que está aberto un importante campo de I+D+i pra o futuro que ningún pais
deberá esquecer.
P. Que aconsellarías ler
sobre estes temas?
R. Hai muitas
lecturas posibles, a maioría son publicacións científicas que non se atopan a
nivel de divulgación e eu case non sabería por onde empezar, pero hai dous
libros baratos, que se poden atopar en calquera libraría e moi utiles para
mostrarnos cal é a situación da agro-industria no mundo e son: “El mundo según
Monsanto” de Marie-Monique Robin e “Fast Food” de Eric Schneider.
No seguinte enlace, déixovos un interesante documental sobre o libro que nos recomentaba Villada, "El mundo según Monsanto". Documental "El mundo según Monsanto"
No seguinte enlace, déixovos un interesante documental sobre o libro que nos recomentaba Villada, "El mundo según Monsanto". Documental "El mundo según Monsanto"
Realmente os gandeiros e, en xeral, os agricultores, ¿están concienciados que se necesita unha boa xestión dos residuos para non perxudicar o medio ambiente? Afirmas no final da resposta a primeira pregunta q é posibel producir unha parte dos alimentos sen perxudicar o medio ambiente, ¿realmente faise? ou, pola contra, utilízase produtos químicos nos cultivos para, por exemplo, diminuir o tempo de crecemento do cultivo?
ResponderEliminarNa miña opinión, o sector agro-gandeiro aínda non está o suficientemente concienciado dos danos que provocan no medio ambiente os residuos, pero non só estes, senón tamén fertilizantes e pesticidas que, usados incorrectamente, poden provocar graves danos nas augas subterráneas. Aínda así, é certo que cada vez en maior medida se está a dar un auxe da agricultura ecolóxica, rescpetuosa co medio ambiente e que concede rendas máis xustas aos traballadores rurais. Pola miña parte, gustaríame dicir que este mal uso de residuos e fertilizantes débese, en gran parte, á ausencia de formación dos traballadores rurais, unha base que se debe cambiar se se quere chegar a lograr un rural máis sostible. Dende a Unión Europea déronse importantes pasos, como a concienciación ou a prohibición de usar algúns químicos, mais, tras unha observación simple do meu entorno, isto non tivo uns resultados óptimos. Os xurros séguense usando en épocas nas que non é aconsellado, e os fertilizantes químicos séguen a ser empregados de forma moitas veces incorrecta.
ResponderEliminarLo del biogás no es mala idea, cierto que fue una idea que se acabo olvidando, pero incorporar residuos industriales agro-alimentarios no sería un problema cuando se están almacenando/tirando. ¿Realmente no hay ninguna forma de aprobecharlo?, si hasta hace poco te daban subvenciones por cualquier cosa........
ResponderEliminarNon sei exactamente se está subvencionado, pero o que si sei é que está volvendo haber algunha iniciativa. Como ben dicía Eloi, os residuos agrogandeiros non supoñen un problema cando as explotacións son familiares, pero cando estas se intensifican, o terreo non pode absorver tantos residus. Así, no Concello de Pol, en Lugo, unha cooperativa gandeira está a montar unha planta de biogás a partir de residuos das explotacións asociadas; a enerxía saínte irá ás explotacións que proporcionen o input. Como vedes, a innovación tamén chega ao rural co fin de permitir non acumular máis residuos dos que tradicionalmente si se podían absorver.
ResponderEliminarA crecente utilización de abonos químicos está a xerar un verdadeiro problema para os ecosistemas existentes, tal e como o vemos os que vivimos no rural. O exemplo citado, que a min me toca de preto, como é o caso do encoro de Caldas pon de manifesto a aplicación de políticas ineficaces non levadas a cabo cun plantexamento científico. A construcción do encoro de Caldas de por si xa foi un erro, e a alga que está a rematar co osíxeno da auga pon en perigo todo o ecosistema da zona. Pretendéronse levar a cabo medidas para a súa erradicación, como a utilización de casca de eucalipto, con resultados nefastos e un gran custe para a administración.
ResponderEliminarPolo tanto os agricultores teñen parte de culpa, fundamentalmente na agricultura intensiva donde máis se empregan pero xa desde as propias administracións son necesarias medidas cunha base científica que garanta o sostenemento do medio.
A pesar de todo isto quédome cunha das conclusións do entrevistado, SI e posible a produción sen agredir o medio ambiente, tratemos de aplicalo entón...
Evidentemente, as administracións teñen parte de culpa na mala xestión de residuos. Sen ir máis lonxe, en Galicia hai un gran número de depuradoras de augas que non funcionan, construídas tan só como froito dunha promesa electoral ou dalgunha subvención chegada ao concello. A agricultura intensiva está a causar problemas que desbordan o alcance da xestión dada ata agora aos recursos, pero por iso débense levar a cabo políticas que permitan producir ata onde o medio natural pode absorver eses residuos, ou ben levar a cabo a utilización deses residuos para outros fins, tal como é o caso de Agroamb ou doutras plantas que crean abonos ou biogás. De todas formas, aínda que cada vez sexa máis complicado producir sen danar o medio ambiente, debemos valorar por iso a agricultura ecolóxica, sostible e respectuosa, que pon en valor o natural por riba dos abonos químicos que permiten esa intensificación da produción.
ResponderEliminarUnha entrevista interesantísima, Marta. Chamoume a atención o tema da xestión dos residuos urbanos. Descoñecía que se poidesen empregar para a agricultura. Continuamente búscanse campos nos que innovar,e semella que este pode ser un bo campo para facelo no futuro, xa que ademais dos posibles beneficios económicos tamén existe un beneficio mediambiental claro.
ResponderEliminarEstá claro que coa intensificación da agricultura e o consumo de masas a acumulación de residuos é un problema con moito futuro. Saber qué facer con eles semella ser un reto, porque os residuos están aí, e que non os vexamos non é sinónimo de que non existan. Quizais se precise unha viraxe na forma de producir, con enerxías máis limpas no caso dos residuos urbanos, e sen fertilizantes químicos no caso da agricultura, a fin de ter un medio ambiente máis sostible e reducir a carga de lixo que está presente no medio ambiente.
ResponderEliminar