miércoles, 18 de abril de 2012

O Plan Estratéxico de Galicia

   O Plan Estratéxico de Galicia é un documento no que se establecen diferentes obxectivos a lograr ao fin dun período determinado, neste caso, o ano 2014. Os fins a lograr sinalados no Plan Estratéxico de Galicia oscilan  dende cohesión social, benestar e calidade de vida ata o logro dunha administración eficiente e transparente. Se desexades consultar o plan completo, podedes facer click aquí




   Á hora de preguntarnos acerca dos nosos coñecementos sobre plans estratéxicos, xorde a idea que que estes deberían máis accesíbeis aos cidadáns e non ser vistos por estes coma unha serie de estratexias que poderán, ou non, ser logradas. Por outra banda, co fin de mellorar a transparencia das administracións públicas, cumpriría ofrecer á cidadanía algún tipo de informe dos resultados obtidos. Malia que na realidade a existencia de plans estratéxicos como unha forma de camiño a seguir polas políticas das diferentes áreas é necesaria e imprescindible, moitas veces preguntámonos se:
   Se logran os obxectivos propostos plan tras plan ou, pola contra, convértense en papel mollado?


   Existe algún mecanismo de supervisión acerca da consecución dos fins propostos?


   Que opinades? Credes que hai outras formas de informar aos cidadáns acerca dos obxectivos dos gobernos? Semella que hai "moita letra pero pouca realidade" nos diferentes plans estratéxicos? 

6 comentarios:

  1. Eu tamén me fago esa mesma pregunta. Moitas veces aos políticos éncheselles a boca con este tipo de plans pero os cidadáns nunca vemos os resultados.
    Na miña opinión a maioría destes documentos non están pensados para materializarse en medidas concretas e buscan unicamente contentar a aos distintos colectivos: mulleres, parados, maiores, estudantes... Penso que se o propósito fose acadar uns obxectivos estes documentos deberían ir acompañados dun orzamento, uns mecanismos supervisores e unhas medidas máis concretas.

    ResponderEliminar
  2. É evidente que moitos ocos baleiros nos diferentes plans estratéxicos que se publican día tras día. Quizais ter en conta a realidade social e preguntarse até onde se pode cambiar sería un bo punto para evitar incongruencias que en moitas ocasións se poden observar. Así, non se pode falar, p.ex., de cambiar o rural ou estender as TICs nese medio se non se fala con anterioridade de acceso telefónico ou, moitas veces, de servizos básicos como os medios de transporte.

    ResponderEliminar
  3. Ben, facer plans estratéxicos é necesario para que todos poidamos coñecer os obxectivos e compromisos dos diferentes gobernos. Non obstante, non sería mellor reducir letra e centrarse máis en obxectivos realizables? Creo que é unha verdade ben sabida que moitas veces este tipo de documentos convértense en papel mollado que nunca chegan a realizarse, pero que si detraen recursos ás administracións..

    ResponderEliminar
  4. Como ben apuntei na miña entrada, a miña opinión coincide bastante ben coa súa. Penso que é imprescindible para lograr a eficiencia e a transparencia cos cidadáns supervisar o cumprimento ou non dos obxectivos, así coma observar a realidade para ver que non todos eles son aplicables aos 315 concellos galegos, co cal é moi fácil que se converta nun simple documento de cara á lexitimidade cos cidadáns. Os obxectivos marcados son, na miña opinión, moi xenéricos, co que o plan perde un gran potencial que, de ser máis realista, podería ter efectos moi positivos na economía e sociedade galegas.

    ResponderEliminar
  5. Estou de acordo contigo completamente. Aínda que ao mellor sexa exaxerado pola miña parte, a gran maioría dos plans estratéxicos, perseguen o mesmo, e cos mesmos métodos. Creo que en vez de poñer Plan Estratéxico de Galicia, pon de A Rioxa, ou de outro territrio, tería mesma validez.

    ResponderEliminar
  6. Concordo, Juanjo. Estudar as necesidades de cada territorio é un paso previo imprescindible para que o plan funcione. Doutro xeito, sempre será un fracaso.

    ResponderEliminar