granxafamiliar.com é un proxecto que xorde como unha alternativa de
producir e de consumir dunha serie de familias rurais en colaboración coa
Universidade de Santiago de Compostela.

Ademais, non só
permite mellorar a calidade dos produtos que consumimos, senón que tamén
mellora a calidade de vida de familias rurais, que perciben un prezo xusto
polos seus produtos, sen intermediarios que se apoderen de parte das súas
rendas.
Se o desexamos,
podemos visitar ás familias nas súas explotacións, para que nos mostren cómo é
o día a día nunha granxa ou nunha horta; outra forma de achegarnos a eles é a
través da rede, mercando os seus produtos online e recibíndoos nas nosas casas
tan só nunhas poucas horas.
Como vedes, outra
forma de producir no rural é posible, pero tamén é posible outra forma de
consumir. Son moitas as iniciativas que xurdiron nos últimos anos como
consecuencia dunha especie de cambio no rural, que fai que os produtores non
vendan os seus produtos a través de intermediarios. Se o desexades, podedes
visitar a súa páxina web e animarvos a probar os produtos de primeira calidade
que aquí se ofertan, á vez que estaremos contribuíndo ao desenvolvemento que
provocan iniciativas deste tipo.
Que che parece?
Cres que iniciativas coma a de granxafamiliar.com son o futuro do rural
galego? Cres que as novas tecnoloxías
van ter cada vez un papel máis importante á hora de mercar ou vender bens de
consumo?
Se desexas saber algo máis sobre agricultura ecolóxica, tamén che pode interesar visitar a páxina web do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, onde atoparás información interesante.
Marta, sería posible algo así na Pastoriza? cómo? para que? quen podría participar? que poderían vender? sería a solución ao despoboamento? unha oportunidade para os xóvenes?
ResponderEliminarPor suposto que sería posible. A Pastoriza caracterízase pola presenza dun gran número de explotacións, se ben a maioría delas venden o seu leite a través de intermediarios. Aínda así, hai algunha queixería con proxecto de venda directa que debe ser tomado en conta como un xerme de algo semellante a Granxa Familiar. Non sei se sería a solución ao despoboamento, pero do que si estou segura é de que suporía novas oportunidades aos xóvenes aos que si lles gusta o campo pero non ven unha oportunidade e renda digna nel. Quizais nun futuro non moi lonxano poidamos ver algún sistema semellante. Polo pronto, convido a visitar a queixería Casa Ánxel, un exemplo de que no rural hai futuro e sen necesidade de intermediarios que se apoderen de parte da renda.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar