granxafamiliar.com é un proxecto que xorde como unha alternativa de
producir e de consumir dunha serie de familias rurais en colaboración coa
Universidade de Santiago de Compostela.

Ademais, non só
permite mellorar a calidade dos produtos que consumimos, senón que tamén
mellora a calidade de vida de familias rurais, que perciben un prezo xusto
polos seus produtos, sen intermediarios que se apoderen de parte das súas
rendas.
Se o desexamos,
podemos visitar ás familias nas súas explotacións, para que nos mostren cómo é
o día a día nunha granxa ou nunha horta; outra forma de achegarnos a eles é a
través da rede, mercando os seus produtos online e recibíndoos nas nosas casas
tan só nunhas poucas horas.
Como vedes, outra
forma de producir no rural é posible, pero tamén é posible outra forma de
consumir. Son moitas as iniciativas que xurdiron nos últimos anos como
consecuencia dunha especie de cambio no rural, que fai que os produtores non
vendan os seus produtos a través de intermediarios. Se o desexades, podedes
visitar a súa páxina web e animarvos a probar os produtos de primeira calidade
que aquí se ofertan, á vez que estaremos contribuíndo ao desenvolvemento que
provocan iniciativas deste tipo.
Que che parece?
Cres que iniciativas coma a de granxafamiliar.com son o futuro do rural
galego? Cres que as novas tecnoloxías
van ter cada vez un papel máis importante á hora de mercar ou vender bens de
consumo?
Se desexas saber algo máis sobre agricultura ecolóxica, tamén che pode interesar visitar a páxina web do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, onde atoparás información interesante.