domingo, 18 de marzo de 2012

Agroamb (III): o compromiso coa I+D+i


         Dende a súa constitución, Agroamb desenvolveu programas de investigación con centros tecnolóxicos e coas universidades galegas. Todos estes teñen unha finalidade: que os lodos de depuradora e outros residuos pasen de ser un residuo a ser un recurso. 

Os proxectos de I+D+i desenvólvense en dúas liñas básicas: o estudo dos efectos agronómicos dos lodos nos diversos tipos de solo e, en segundo lugar, o estudo de diversas fórmulas de combinación en busca dun fertilizante equilibrado para a produción forraxeira.
          Así, Agroamb está en posesión da primeira autorización por parte da Consellería de Medio Ambiente de Galicia para a posta en valor dos residuos biodegradables, converténdoos, tras un proceso, en residuos biodegradables.
         Ademais, co seu compromiso pola innovación, o Grupo Agroamb é promotor da “Fundación Blas do Carboeiro”, unha organización sen ánimo de lucro  que ten como obxecto primordial a promoción, programación, desenvolvemento e execución de actividades científicas, tecnolóxicas, de investigación, etc., encamiñadas á posta en valor do paisaxe e desenvolvemento sostible do medio rural.
         Xa vedes, unha vez máis, que falar de rural ou de reciclaxe non é falar de actividades tradicionais. Para mellorar a competitividade e ser unha empresa con éxito tamén se require innovar e investigar novas formas de producir e de consumir abonos para a produción forraxeira, constituíndo, así, un elemento fundamental para o desenvolvemento rural.
         Cres que é necesario innovar tamén no rural? Cres que son posibles formas alternativas de abonado e fertilizado para as terras de produción agrícola?

4 comentarios:

  1. Paréceme moi interesante a labor desta empresa, sobre todo que promova actividades de desenvolvemento sostible do rural, xa que hai moitas empresas que se instalan neste medio e que so se limitan a producir, sen importarlle o efecto que a súa actividade pode ter no entorno.

    Penso que a innovación é moi importante no medio rural, xa que é a principal forma de facer que este se desenvolva e que aparezan actividades distintas das tradicionais, que se creen novos postos de traballo e que se contribúa a frear o despoboamento que se está a producir neste entorno.

    ResponderEliminar
  2. Por suposto, en pleno século XXI o éxito na creación de empresas pasa pola innovación. Esta empresa concentra estas instalacións nun lugar plenamente rural, o que contribúe non só ao desenvolvemento, senón á fixación de poboación que atopa nela unha alternativa laboral aos grandes desprazamentos á cidade máis próxima, o que en moitas ocasións se traduce en despoboamento. Así, ponse de manifesto o compromiso que deben ter as empresas non só co logro de beneficios senón tamén co entorno e a poboación cercana.

    ResponderEliminar
  3. Moi importante a xestión de residuos, un negocio con futuro.

    ResponderEliminar
  4. Sen dúbida, é moi interesante a labor que está levando a cabo a empresa Agroamb no territorio rural, e debería de copiarse cara outras partes da nosa Comunidade Autónoma. O éxito dunha empresa nos tempos actuais, pasa por apostar pola innovación, como motor de crecemento, e coma mellor mostra disto, esta empresa e a túa investigación sobre ela.

    ResponderEliminar