viernes, 9 de marzo de 2012

8 de Marzo - Día da Muller Traballadora

  O día 8 de Marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller Traballadora. A orixe desta celebración atópase moi lonxe da nosa rexión, mais eiquí, en Galicia, as mulleres tamén xogan un papel moi importante a pesar de que aínda se dá un alto grao de invisibilidade destas, sobre todo no eido rural, aínda que tamén en todos os ámbitos económicos. 

  Na Terra Chá, unha comarca galega dedicada ao sector primario por excelencia, as desigualdades entre homes e mulleres son claramente visibles no entanto que son os homes, maioritariamente, os titulares e titulares xefes das explotacións, mentres que as mulleres xogan un papel de traballadoras mais sen remuneración clara e sen titularidade compartida desas explotacións.  Asombrosamente as estatísticas afirman que tan só un 5% das labregas en Galicia se xubilan coa pensión completa, o cal pon de manifesto as grandes desigualdades latentes no rural galego.
  Por iso, está en mans de todos e todas que se poña en práctica a titularidade compartida, co fin de que as mulleres rurais sexan visibles a toda a sociedade, así coma que poidan obter os seus propios ingresos polo seu traballo. 
 Tamén son as mulleres as que contribúen, e cada vez en maior medida, ao emprendemento con novas actividades, xerando así desenvolvemento. Porque o desenvolvemento do rural non só pasa por innovar ou intensificar as actividades agrarias, senón tamén por unha igualdade de sexos que en pleno século XXI xa debería estar asumida por todos e todas, e en tódolos ámbitos da sociedade. Ou non?

3 comentarios:

  1. Na miña opinión, o día da muller traballadora é tódolos días, e a súa celebración é tan só un síntoma de que a igualdade non está superada. De ser así, non existiría esta celebración, ou habería tamén o día "do home traballador".

    ResponderEliminar
  2. Na miña opinión, claro que non está superada a igualdade. O día da muller traballadora non se tiña que celebrar, se todos fosen respectuosos cos dereitos das mulleres a cobrar salarios dignos igual ca os homes en moitas empresas, ou se polo simple feito de ser nais non corresen o riso de ir á rúa.. Desgraciadamente, isto non é así, polo que este día serve para recordar que hai que seguir loitando e facer visibles problemas que quizais moitos pensen que non existen. En pleno século XXI, e no chamado "primeiro mundo", hai discriminación, e moita.

    ResponderEliminar
  3. Eu penso o mesmo. Aínda nos tempos que corren, existe unha gran discriminación cara a muller, en certos campos da vida cotía. En canto ao relacionado co sector laboral, ben se coñece que persisten certas tendencias sexistas, que son obligatorias extinguilas, por iso ata que non suceda o anteriormente citado, non poderemos falar dunha idualdade entre sexos, propiamente dito.

    ResponderEliminar