martes, 13 de marzo de 2012

Agroamb (II): un gran grupo empresarial

  Hai uns días tratamos de achegarnos á realidade dunha empresa innovadora situada no concello de Castro de  Rei, dando algunha información sobre o seu nacemento. Nesta entrada, intentaremos aportar algo de máis información acerca desta; o grupo Agroamb está formado por un conxunto de empresas cuxa actividade completa o ciclo da xestión dos residuo, contando cun equipo multidisciplinar de profesionais. As diferentes empresas que compoñen o grupo son as seguintes:
- Agroamb: para a valorización e tratamento de residuos biodegradables.
- Tresamb: loxística específica en contedores. Dispón de vehículos específicos en diferentes configuracións, adaptándose a cada necesidade medioambiental do cliente. Innovación e eficacia no transporte. Servizos de conselleiro de seguridade e operador de transportes.
- Agroamb - Tresima UTE: xestión e prestación de servizos medioambientais. Comercializa e coordina a prestación de servizos para a xestión ambiental integral dos distintos residuos (incluídos residuos perigosos). Desde a súa recente creación, xestiona máis de 50.000 tms/ano de residuos biodegradables.
- Grupo Onega Ares, SLU: servizos avanzados de tecnoloxía agraria. Empresa de servizos agrarios que conta cos últimos equipos en mecanización para a sementeira, cultivo e posterior recolección das
diferentes producións agrarias.
- Trobo Agrícola SCG: produción integrada da terra. Sociedade para a explotación en común da terra, orientada á produción integrada de forraxes e cultivos enerxéticos. Dispón dun banco de terras que supera as 3.000 hectáreas.

  Ademais, esta empresa ou grupo empresarial, está autorizada pola administración española como "planta técnica" para a elaboración de fertilizantes orgánicos a partir de residuos e produtos biodegradables, así como a autorización para a valorización e xestión dos residuos sólidos urbanos, de residuos industriais non perigosos, a rexeneración ambiental, o transporte de residuos perigosos, o transporte de residuos sólidos urbanos e de residuos industriais non perigosos.

  Xa vedes, non sempre vivir no rural significa dedicarse ás tradicionais actividades deste. Os residuos son un problema crecente nunha sociedade de consumo de masas como a nosa. Por iso, saber qué facer con eses residuos é moi importante de cara ao futuro. Agroamb logrou non só dar unha solución, senón que os transforma facendo deles un negocio innvoador e eficiente. Se queredes saber algo máis sobre a empresa Agroamb, fai click neste enlace, aquí poderás ver unha reportaxe sobre a compañía.

10 comentarios:

  1. Moi interesante. Pero como podemos valorar os beneficios e perxuizos que dita empresa xenera no seu entorno. Sería preciso saber que opinan os veciños. Que te parece?

    ResponderEliminar
  2. Por suposto. Iso está en mente para próximas entregas, mais unha das estratexias desta empresa, como ben puxen na primeira entrada sobre ela, é o emprego local. Moitos dos empregados son veciños para os que a creación da empresa supuxo unha alternativa ao emprego rural ou aos longos desprazamentos. Pero non só o emprego, senón tamén a compra de materias primas ou de maquinaria está moi focalizada en negocios próximos, afianzando así unha estratexia que xera desenvolvemento para a zona e diminúe as queixas sobre os posibles impactos que pode ter un negocio deste tipo.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Donde se localiza la empresa de Agroamb?Con ello me refiero a si está localizada en un lugar separado de donde vive gente o todo lo contrario??? El hecho de localizarse cerca de las viviendas familiares,podría acarrear problemas de malos olores?

    ResponderEliminar
  5. Agroamb está situada a unha certa distancia da poboación. Aínda así, non hai graves problemas de cheiros posto que a transformación dos residuos lévase a cabo en naves pechadas. Tamén é certo que algo diso é inevitable, mais ata o momento non houbo grandes queixas por parte do vecindario.

    ResponderEliminar
  6. Sen dúbida é un feito novidoso que se produza este tipo de iniciativas empresariais que axudan ao desenvolvemento dunha comarca rural. Pero ten máis puntos de limpeza de residuos ou solo hai polo momento a de Castro de Rei?

    ResponderEliminar
  7. Moi interesante o tema de Agroamb. É certo que o tema dos residuos é unha incógnita no futuro das sociedades desenvolvidas. Queremos vivir a un ritmo de vida que implica un consumo per cápita enorme, coa conseguinte xeneración de residuos de xeito masivo, pero que facer con estes residuos? Amontoalos onde a maioría das persoas non os vexamos non pode ser unha solución, por iso penso que empresas coma Agroamb desenrolan unha tarefa positiva, tratando os residuos de maneira axeitada. ¿Consideras que Agroamb é unha empresa ecolóxica ou ves na súa actividade algún "lado escuro" que prexudique o medio ambiente? Por certo, moi chulo o documental. :)

    ResponderEliminar
  8. A Juanjo: pois de momento esta é a única planta do noroeste que ten autorización para tratamento e distribución de residuos. Se ben hai algunha máis, todas son a pequena escala e sen as autorizacións da administración central. De aí a vantaxe competitiva de Agroamb.

    ResponderEliminar
  9. A Alex: Por suposto que o tema dos residuos é un feito que día a día irá cobrando máis importancia debido ao consumo de masas, por iso é tanto o protagonismo que está a cobrar esta empresa, tanto na zona como a nivel de Galicia. Respondendo á túa outra pregunta, non se pode dicir que Agroamb sexa unha empresa ecolóxica; se ben trata de minimizar o impacto ambiental, este é inevitable nunha actividade na que o eixo central é o tratamento de todo tipo de residuos, polo que o impacto da actividade é menor ao que poderían causar ditos residuos depositados en contedores ou en vertedoiros, ademais de que cumpre unha función básica para a terra, que é a de abonado.

    ResponderEliminar