O Plan Estratéxico de Galicia é un documento no que se establecen diferentes obxectivos a lograr ao fin dun período determinado, neste caso, o ano 2014. Os fins a lograr sinalados no Plan Estratéxico de Galicia oscilan dende cohesión social, benestar e calidade de vida ata o logro dunha administración eficiente e transparente. Se desexades consultar o plan completo, podedes facer click aquí.
Á hora de preguntarnos acerca dos nosos coñecementos sobre plans estratéxicos, xorde a idea que que estes deberían máis accesíbeis aos cidadáns e non ser vistos por estes coma unha serie de estratexias que poderán, ou non, ser logradas. Por outra banda, co fin de mellorar a transparencia das administracións públicas, cumpriría ofrecer á cidadanía algún tipo de informe dos resultados obtidos. Malia que na realidade a existencia de plans estratéxicos como unha forma de camiño a seguir polas políticas das diferentes áreas é necesaria e imprescindible, moitas veces preguntámonos se:
Se logran os obxectivos propostos plan tras plan ou, pola contra, convértense en papel mollado?
Existe algún mecanismo de supervisión acerca da consecución dos fins propostos?
Que opinades? Credes que hai outras formas de informar aos cidadáns acerca dos obxectivos dos gobernos? Semella que hai "moita letra pero pouca realidade" nos diferentes plans estratéxicos?








